Print this page

Chelo Suárez gaña o XIII Certame de Narración Curta 'Ánxel Fole'

Rate this item
(0 votes)

A XIII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” xa ten gañadores. O xurado, composto polos escritores Isidro López Novo e Xosé Otero Canto e o editor Henrique Alvarellos, decidiron outorgar o primeiro premio do certame en galego á obra Recendos, presentada por Chelo Suárez Muíños, de A Coruña. O xurado destacou deste traballo a gran beleza da linguaxe poética así como a fondura nas descricións das lembranzas. O segundo posto nesta categoría foi para a obra O pensamento inerte de Martiño Maseda Lozano de Vilalba (Lugo). Neste caso o xurado sinalou unha acertada tensión narrativa e destacou o sentimento como motor da trama.

En castelán, o traballo gañador foi Ningún ojo humano de nx0woé Manuel Moreno Pérez, de Madrid. Desta obra o xurado valorou o dominio da linguaxe experimental e a gran tensión narrativa, que mantén o clímax da obra; do mesmo xeito, sinalaron unha gran construción da personaxe, que en ocasións se achega ata o esperpento. O segundo posto recaeu na obra La vida rota de Lulú Jiménez, de Miguel Sánchez Robles, de Murcia. Deste traballo o xurado destacou a súa riqueza léxica e metafórica así como un acertado retrato da personaxe principal, enmarcada nun contexto de literatura de posguerra.

En total presentáronse 52 obras; 20 en galego e 32 en castelán. O xurado quixo destacar especialmente a gran calidade dos traballos presentados na categoría de galego.