Print this page

Charo Pita é a gañadora do 27º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

Rate this item
(0 votes)

Bochorno, de Charo Pita, é a gañadora do 27º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo. O relato de Tiago Alves Costa titulado A porta do Reconhecimento quedou en segundo lugar, mentres que a escritora  Mercedes Leobalde quedou terceira co seu relato Unha praia na Polinesia.

O xurado desta edición estivo composto por Begoña Paz, escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Mario Regueira, crítico representante da Asociación Galega da Crítica; Teresa Moure, gañadora da 26ª edición; e Alfredo Ferreiro, coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto. En total tiveron que valorar os 63 relatos recibidos.

O acto de entrega celebrado onte ofreceu ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical de Aida Saco, compositora que interpretará a piano pezas do seu disco Atmosferas; ao mesmo tempo, o humorista gráfico Luis Davila deleitou ao público cos seus deseños proxectados en directo. Rematado o acto, ofreceuse un viño de honra como fin de festa. O evento incluiu unha lembranza da figura de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.