Print this page

Celébrase o Día das Librarías

Rate this item
(2 votes)

Ao longo de todo o día de hoxe estase a celebrar o Día das Librerías. O acto organizado pola Federación de Libreiros de Galicia. Será unha xornada festiva comercial e de portas abertas para coñecer as librerías, na súa gran diversidade, os seus servizos, a súa achega social e á cultura, así como o seu dinamismo como colectivo.

Os obxectivos do Día das Librerías atopámolos no fomento da lectura e a difusión do libro, amais de lembrar o papel dos comercios de cercanía no mantemento dun tecido económico, social e cultural das vilas e cidades e incrementar as vendas de libro no mesmo día da celebración pero tamén nas datas de Nadal.

Durante a xornada de hoxe as librerías do país permanecerán abertas ata ás 22.00 h. e ofrecerán un 5% de desconto máximo nas vendas de libros. As librerías que participen na iniciativa levarán a cabo unha actividade común que consistirá na lectura dun texto elixido polos libreiros e libreiras, ademais das actividades propias de cada librería.