Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Catro rings dialécticos debullarán os novos procesos literarios

Rate this item
(0 votes)

O Auditorio Neira Vilas, na Biblioteca de Galicia, acollerá Asaltos! Ring ao redor da palabra: escrita, cantada ou falada, un ciclo ao redor do feito cultural que, a través dun formato rompedor e innovador, pretende sacar fóra da súa zona de confort a creadores e artistas. Tamén ao público, protagonista activo nos catro rings dialécticos nos que se creará, amosará e defenderá a riqueza, variedade e singularidade dos novos procesos creativos dentro e fóra de Galicia.

En cada un destes catro rings, que terán lugar entre o 9 e o 17 de novembro, convídase a distintas figuras do panorama galego e foráneo para que intercambien ideas sobre o poder e os retos que ofrecen as palabras: as escritas, as cantadas, as que se len, as que se escoitan... Aquelas que seducen, incomodan, incitan á reflexión e transforman o mundo a ritmo da voz, a tinta ou o píxel.

 

Programa

1. Asaltos! á lectura.

Venres 9 de novembro: divulgación | 17.30 h. - 19.30 h.

 Modera: Francisco Castro, escritor, editor e director de Galaxia.

Púxiles:

- Ramón Nicolás, crítico literario e creador do blog Caderno da Crítica.

- Óscar López , xornalista cultural especializado en literatura, do programa de TVE Página 2.

- Alejandra de Diego Lata, da libraría Berbiriana da Coruña.

Sábado 10 de novembro: tradución | 12.00 h. - 14.00 h.

Modera: María Alonso Seisdedos, tradutora ao galego de series como Shin Chan e Premio Nacional de Tradución pola co-tradución do Ulises, de J. Joyce.

Púxiles:

- Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil Xuvenil.

- Sara Margherita Cavarero, prestixiosa tradutora que levou ao italiano Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.

2. Asaltos! á voz

Venres 16 de novembro: oralidade |17.30 h. - 19.30 h.

Modera: Xurxo Souto, o cantante d'Os diplomáticos de Monte Alto é, ademais de músico, filólogo e dinamizador cultural.

Púxiles:

-Ses, cantautora galega que cun estilo ecléctico enche auditorios, salas de concertos e teatros de toda Galicia.

- Alba María, cantante, investigadora e regueifeira.

Sábado 17 de novembro: poesía | 12.00 h. - 14.00 h.

Modera: Silvia Penas, poeta, filóloga, performer, e vocalista de Cinta Adhesiva.

Púxiles:

- Chus Nogueira, crítica literaria, filóloga e ensaísta galega. Foi presidenta da Asociación Galega da Crítica.

- Antón Blanco, poeta, filólogo e músico. Foi batería de Atrás Tigre.

- Elías Portela, o poeta pontevedrés é Premio Poesía Afundación. Considerado un dos escritores máis importantes da literatura islandesa actual.

 

A asistencia a estes asaltos son de balde, baixo preinscrición previa. Esta pode realizarse na seguinte web.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!