Print this page

Catro novos paseos pola Coruña literaria

Rate this item
(0 votes)

Volven os paseos pola Coruña máis literaria. Este actividade, que leva desenvolvéndose dende hai uns anos en diferentes cidades do país, permite coñecer a cidade da man de escritoras e escritores que escribiron sobre a cidade, neste caso A Coruña. Está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) e terán lugar os sábados 26 de outubro e 9, 16 e 30 de novembro.

A actividade é de balde pera necesita inscrición previa. Esta pode facerse presencialmente en Normalización Lingüística no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 e no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Os paseos están limitados a 55 participantes. Todos os paseos principiarán ás 12.00 h.

 

Programa

Sábado 26 de outubro: paseo con Dores Tembrás "A Coruña: cartografía con puntos de fuga".

Este paseo propón demorarse nalgunhas interseccións entre pasado e presente nun péndulo que cruza tamén da palabra pública á íntima. A Coruña como territorio fascinado da literatura.

Sábado 9 de novembro: paseo con Tito Pérez "Un paseo polo barrio". 

Seguiremos o percorrido do protagonista de "O latexar do barrio" e comprobaremos in situ a súas diversas realidades e contrastes. Pasearemos polo lugar onde o enterro dun poeta congregou hai 111 anos a 40.000 persoas. E, como non podía ser doutro xeito, remataremos no mesmiño centro neurálxico do barrio dos barrios galegos.

Sábado 16 de novembro: paseo con María Casar "Sobre o espello do mar e do vento". 

Un camiñar pola paisaxe urbana que sae dos versos e sinala o territorio como xerme da creación. A poeta re-constrúe a Cidade como lugar mítico, como espazo de vida e de historia, na que a música enche os baleiros. Guiado por María Casar.

Sábado 30 de novembro: paseo con Antonio Sandoval "As naturezas da Torre".

Sensacións, descricións da natureza, relatos míticos e históricos, reflexións sobre como mudar o xeito de relacionarnos co medio que nos rodea. Lecturas ao natural cunha protagonista: a Torre de Hércules.