Print this page

Carlos Lixó Gómez faise coa XXX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

Rate this item
(0 votes)

O certame que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello de Fene, ven de premiar o libro Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre, do poeta Carlos Lixó Gómez. A obra gañadora nesta XXX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé foi seleccionada entre 61 que se presentaron a concurso.

Carlos Lixó Gómez (Carreira, 1991) é graduado de Historia pola USC e doutorando en Historia Medieval na USC. Obtivo dúas veces o premio de relatos curtos do Concello de Cambre e o terceiro premio de relatos curtos do Concello de Ames. Algún poema seu foi publicado na revista Dorna. É colaborador de opinión no xornal dixital Sermos Galiza. Actualmente encóntranse realizando unha estancia de investigación na Universidade Nova de Lisboa.

O Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé naceu como homenaxe ao poeta fenés, tamén coñecido coma O Segrel do Penedo. Poeta popular e activista literario, Pérez Parallé foi un dos principais promotores da celebración en Galicia do Día das Letras Galegas que fora instituído polas colectividades galegas do exilio.

O xurado desta edición estivo formado por Chus Nogueira, Jesús Castro Yáñez e María Lado.