Print this page

Carlos Labraña participa nun faladoiro sobre teatro en Lisboa

Rate this item
(0 votes)

O autor teatral Carlos Labraña visitará Lisboa nun acto organizado polo Centro Estudos Galegos da Universidade Nova Lisboa.

Na súa estadía en Lisboa Carlos Labraña ofrecerá unha conferencia con formato de conversa aberta co título Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza. Será este sábado 28 de setembro, ás 19.00 h. na Fábrica Braço da Prata, con entrada libre.

Será una xornada na que estarán presentes catro representantes dos diferentes eidos involucrados na creación dunha obra teatral: a escritura, a produción, a edición e a posta en escena. Canda Carlos Labraña estarán os portugueses Ana Enes (Lua Cheia - Teatro para todos), Vicente Morais e João Batista.

Esta actividade conta coa colaboración da AELG e o apoio da Secretaría xeral de Política Lingüística.