Print this page

Carlos Callón gaña o 'Vicente Risco' de Ciencias Sociais

Rate this item
(0 votes)

O xurado do XVI Premio 'Vicente Risco' de Ciencias Sociais, composto por Fernando Acuña Castroviejo (en representación do Concello de Castro Caldelas), Teresa Devesa Graña (en representación do Concello de Allariz), Luís Martínez-Risco Daviña (en representación da Fundación Vicente Risco), Xosé María Eguileta Franco (en representación da Fundación Vicente Risco) e  Francisco Fernández Rei (en representación da Fundación Sotelo Blanco) acordou por unanimidade conceder o premio ao traballo presentado co lema Tombo de Celanova e co título Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media do filólogo e mestre Carlos Callón.

Neste ensaio o autor nado en Ribeira reflexiona sobre a problemática da homosexualidade masculina e feminina na Idade Media, a partir do corpus lírico do galego medieval (particularmente as cantigas de escarnio e maldicir) e de textos historiográficos e xurídicos. Analízase con detalle o nacemento dos prexuízos homófobos nos séculos XI e XII e a súa posterior consolidación na Baixa Idade Media.  

O 'Vicente Risco' de ciencias sociais conleva, amais da contía económica estipulada nas bases, a publicación do libro na editorial Sotelo Blanco.