Print this page

Cangas acolle toda esta semana o seu 18º Salón do Comic e Ilustración

Rate this item
(0 votes)

Este pasado luns arrancou a 18º Edición do Salón do Cómic e Ilustración de Cangas. Unha semana que ven cargada de actividades e moitas novidades.

Cristina Durán, as irmás Laura Pacheco e Carmen Pacheco, Quan Zhou Wu, Raquel Riba e Bea Lema son as autoras que compoñen o cartel da 18 Mostra do Cómic e Ilustración de Cangas. A Praza de Abastos da localidade acollerá o groso das actividades e das exposicións. Entre as novidades do evento está a celebración do primeiro certame pasarela cosplay do salón.

Tras a inauguración do Salón do Cómic o pasado luns e o obradoiro de cómic a cargo de José A. Calvo e Jorge Campos, as actividades continúan hoxe cun novo obradoiro de cómic e a pasarela cosplay. Para rematar a xornada proxectarase o filme Kubo y las dos cuerdas mágicas.

Mañá xoves será a presentación do número 8 da revista O Tebeo e os autores Luís Dávila e Guillermo estarán asinando as súas obras.

Na xornada do venres o Salón do Cómic comezará ás 19.30 h. cunha charla coloquio con Cristina Durán e Pacheco&Pacheco moderada por Horacio Altuna. De seguido entregaranse os premios do Certame de Cómic, tras o cal Cristina Durán e Pacheco&Pacheco asinarán os seus traballos a partires das 20.30 h.

O sábado será a quenda de Quan Zhou e Bea Lema, quen a partires das 19.30 h. tomarán parte dun coloquio moderado por José A. Calvo. Tras o mesmo estarán asinando os seus traballos ao público asistente.

O domingo rematará este 18 Salón do Cómic e Ilustración de Cangas cunha exposición.

O horario do Salón será de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.30 h. a 21.30 h. de martes a sábado e de 12.00 h. a 14.00 h. o domingo. 

Máis información: