Print this page

Calros Solla gaña o XIV Premio Johán Carballeira de poesía

Rate this item
(2 votes)

O xurado da XIV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, organizado polo concello de Bueu e constituído por Lucía Novas, Antón Lopo e Olalla Cociña, e actuando como secretario e en representación do Concello de Bueu Xabier Framil Barreiro, outorgou o premio, por unanimidade, ao traballo Koyi Kabuto. Lume de ollos en MazinGZ de Calros Solla.

O xurado xustificou a súa resolución alegando que a obra "aposta por crear un mundo propio a partir de elementos da cultura popular contemporánea (desde o anime á televisión, pasando por internet e os petroglifos de Mogor). Cuestións de actualidade (a celulosa de Pontevedra, a ampliación da ponte de Rande, o tren de proximidade...) vehiculízanse nunha poesía enxeñosa e lúdica, descarada, con sabor a licor café e algo de resaca."

O cerdedense Calros Solla ten unha ampla traxectoria literaria. Poeta, narrador, ensaísta e investigador do seu concello Solla é membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes.