Print this page

Cabalo de ouros e A cidade sen roupa ao sol premiadas pola crítica

Rate this item
(0 votes)

Víctor F. Freixanes por Cabalo de ouros (Galaxia) e Marga do Val por A cidade sen roupa ao sol (Espiral Maior) obtiveron os Premios da Crítica nas modalidades de narrativa e poesía, respectivamente.

O fallo do xurado, reunido o pasado venres en Cáceres, aceptou a proposta da representante da Sección de Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega Laura Caaveiro, quen levou á cidade estremeña os títulos galegos decididos uns días antes en Compostela.

A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, trátase dun poemario "vital e reflexivo. A voz poética mergúllase en significativos episodios biográficos a xeito de particular educación sentimental". Pola súa banda, a novela de Freixanes "Parte do interesante artificio do cantar de cego a ofrece un estilo envolvente, compensado e denso".

O resto dos premiados foron:

En castelán: Blanco nocturno (Anagrama) de Ricardo Piglia e Cartas de enero (Fundación nx0woé Manuel Lara) de Juana Castro en narrativa e poesía, respectivamente.

En catalán: Maletes perdudes (Empúries) de Jordi Puntí e Teranyines (Edicións 62) de Anna Montero en narrativa e poesía, respectivamente.

En éuscaro: 3 mariak (Erein) de Arantxa Urretabizkaia e Bitsa eskuetan (SUSA) de Miren Agur en narrativa e poesía, respectivamente.

Os Premios Nacionais da Crítica Española, concedidos anualmente pola Asociación Nacional da Crítica Literaria e que son os únicos que premian as obras editadas nas catro linguas cooficiais españolas (galego, catalán, éuscaro e castelán) durante o ano anterior, concédense de forma ininterrompida en diferentes cidades do Estado desde o ano 1956, cando resultou galardoado o escritor Camilo nx0woé Cela, pola súa obra La catira. Estes premios carecen de dotación económica. Concédense durante o mes de abril de cada ano tras a deliberación dun xurado integrado por 22 membros da Asociación Española de Críticos Literarios e premian dúas modalidades: Narrativa e Poesía.