Print this page

Bubela lanza a súa Biblioteca de Relacións Humanas

Rate this item
(1 Vote)

Dende hai anos Xesús Manuel Valcárcel conduce dende a editorial Bubela o Movemento Sentimentalista, teoría cultural, filosófica, artística e espiritual, que promoven a través dos seus títulos unha proposta de vida completamente nova e diferente; fomentando a liberación do ser humano a través da arte e do coñecemento. Ao longo destes anos Bubela foi configurando un extenso catálogo onde, a carón das obras de Xesús Manuel Valcárcel, atopamos a autores como Mariña Pérez Rei, Carlos Arias, Manuel Celso Matalobos ou Cristina Ferreiro Real, entre outros.

Agora Bubela lanza, dende a súa Biblioteca de Relacións Humanas, unha selección das obras de Xesús Manuel Valcárcel, para a difusión do movemento e das súas prácticas, en edicións coidadas e revisadas, tanto en soporte papel como en dixital e a prezos económicos.

Os títulos desta Biblioteca de Relacións Humanas están dispoñibles tanto en galego como en castelán e incorpóranse dous novos títulos: A Vía Sentimentalista. Un novo camiño a Compostela e Aprendidaxe.