Print this page

Bota a andar o web poesiagalega.org

Rate this item
(0 votes)

Tras un ano de labor, o Grupo Alea de Análise Poética botou a andar o pasado 25 de xaneiro o web poesiagalega.org e a base de datos asociada.

poesiagalega.org é un repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos, chamado a se converter nun dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galegas contemporáneas no espazo cultural de seu e nun marco amplo de relacións interculturais.

O web poesiagalega.org está estruturado en tres bloques: Novidades, onde o visitante atopará as actualizacións do arquivo, noticias, axenda, dossieres e artigos; un segundo apartado de Arquivo, onde se integra un motor de busca avanzada para atopar a información poética desexada; e finalmente a Revista de Poesía, unha publicación semestral que recolle reseñas, artigos, entrevistas e traducións de estudos sobre poesía galega e internacional.

Participan e levan este web Arturo Casas (coordinador), Iris Cochón, Lorena Domínguez Mallo, Margarita García Candeira, María López Sández, Isaac Lourido, Chus Nogueira, Montse Pena, María do Cebreiro Rábade, Iria Sobrino, Helena González, Dolores Vilavedra, Olivia Rodríguez, Ana Acuña, Miro Villar, nx0woé Luís Forneiro e Laura Mariño. Colabora ofrecendo o soporte o Consello da Cultura Galega.

Máis información: