Print this page

Bos Aires no centro de Galaxia

Rate this item
(0 votes)

Editorial Galaxia abrirá un selo propio en Buenos Aires. Trátase de Mar Maior-Editorial Galaxia e concíbese como a “editorial dos galegos no mundo”, unha plataforma de difusión da cultura galega que, segundo as programacións iniciais, empezará a andar en Buenos Aires no ano 2013. Así o anunciou o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, na mesa de debate “Tendencias” dentro da Feira Profesional do Libro, una das ponenciais inaugurais, á que por primeira vez foi invitado oficialmente un editor galego.

O director de Galaxia expuso dous proxectos para o crecemento, “única maneira de afrontar a crise”: a Plataforma Dixital da Cultura Galega, no que se está a traballar xunto coa Universidade de Santiago e o departamento de informática da Universidade da Coruña, e o proxecto Mar Maior, unha plataforma de edición da cultura galega a través das redes sociais de galegos no mundo.

“Durante máis de dúas décadas, en plena ditadura franquista, Buenos Aires foi a capital da cultura galega. Por iso queremos empezar por Buenos Aires, cun libro-álbum de gran formato, que se titulará Os galegos e a Arxentina, editado en galego e en castelán, e do que son autores María Rosa Lojo e Ruy Farías. Será o buque insignia dun plan editorial que queremos austero, pero intenso, apoiado na excelencia”.