Print this page

Bob Dylan protagoniza as X Xornadas Literarias de Neda

Rate this item
(1 Vote)

O cantautor Bob Dylan será o protagonista da X edición das Xornadas Literarias de Neda, organizadas polo Concello coa colaboración da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña para conmemorar o Día Internacional do Libro. Celebraranse os días 18, 19 e 20 de abril, no campus ferrolán e na Casa das Palmeiras de Neda.

Estas xornadas, de resonancia e prestixio internacional sobradamente contrastado, contarán este ano con ponentes da talla do especialista en cine e literatura nx0woé Manuel Sande, do poeta Antonio García Teijeiro ou do escritor local Vicente Araguas. Todos eles grandes coñecedores da obra e traxectoria de Bob Dylan. Así, as xornadas arrancarán o mércores 18 de abril na Facultade de Humanidades coa inauguración oficial, ás 19.30 h. A continuación chegará a conferencia do Catedrático de Literatura na Universidade de Vigo, Manuel Candelas, que abordará a cara poética da obra de Bob Dylan.

Xoves e venres as xornadas trasladaranse á Casa das Palmeiras. Ás 19.30 h as conferencias combinaranse coas proxeccións de cine e tamén coa música, da man do grupo pontés The Dylan Sessions. Na xornada do xoves terán un papel destacado os alumnos e alumnas do Clube de Lectura da Biblioteca do IES Fernando Esquío. O seu taller precederá a intervención do profesor local Ignacio Freijomil. Tomará o relevo de novo o catedrático Manuel Candelas e pechará as ponencias o programador do Centro Galego de Artes da Imaxe, nx0woé Manuel Sande. Un relatorio este que incluirá unha proxección de Dylan firmada por Todd Haynes.

O venres 20 de abril poesía e música daranse a man. Así, César Candelas, músico e integrante de The Dylan Sessions, inaugurará a xornada. Tras el, o escritor nedense Vicente Araguas e o actual embaixador en Uruguai, ex conselleiro de Cultura e gran experto en Dylan, Roberto Varela. O poeta Antonio García Teijeiro desvelará o contido do seu libro Petando nas portas de Dylan, sobre o protagonista das xornadas. E, xa ás 22,30 horas, concerto de clausura a cargo The Dylan Sessions. Este último, con entrada libre e gratuíta. No acto de clausura en Neda, o secretario xeral da Consellería de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañará ao alcalde, Ignacio Cabezón, na clausura.

Aquelas persoas interesadas en participar deberán inscribirse, gratuitamente, na Casa da Cultura de Neda, a través do e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou por teléfono 981 39 02 33.

As Xornadas Literarias están promovidas polo Concello de Neda coa colaboración da Facultade de Humanidades e o seu comité organizador está integrado pola concelleira de Educación e Cultura de Neda, Eva Olmo Hermida; o vicedecano de Humanidades da Universidade da Coruña, Juan Luis Montero Fenollós; a animadora sociocultural, Natividad Villaamil Abad, e o coordinador cultural de Neda, Manuel Pérez Grueiro.

En anteriores edicións, as Xornadas Literarias de Neda debullaron as obras de Frank Kafka, Marcel Proust, Miguel de Cervantes, James Joyce, Julio Cortázar, Virginia Wolf, Pessoa e, o últgimo deles o ano pasado, Fiodor Dostoievski.