Print this page

Benvidos, Sermos Galiza

Rate this item
(1 Vote)

Praza, Dioivo e agora Sermos Galiza. Nas últimas semanas, ante a deleiba dos medios escritos en galego en soporte tradicional, rexurdiron na rede novos proxectos. O último ven de abrir hoxe as súas portas: Sermos Galiza.

Cun deseño moderno e intuitivo, este novo medio de comunicación ofrece seccións diferenciadas, velaí temos: Galiza, Internacional, Cultura, Ciencia, Deportes e Opinión.

Sermos Galiza foi consolidándose nos últimos meses como un proceso de construción colectiva para sacar un medio de comunicación libre, crítico e galego, coa finalidade de que Galicia conte con voz propia.

Dende o Grupo de Comunicación Sermos Galiza anuncian que a versión da rede verase complementada a partires da maio coa edición dun semanario en papel.

Máis información: