Print this page

Aumenta a edición de libros electrónicos en case un cincuenta por cento

Rate this item
(0 votes)

Segundo o estudo Panorámica da edición española de libros, desenvolvido pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura tras un exhaustivo tratamento e análise dos datos proporcionados pola Axencia do ISBN, a edición electrónica de libros aumentou en case un cincuenta por cento (45,6 %) respecto ao ano anterior. Estes datos de 2010 confirman que o estado español se encontra ante un sector económicamente maduro e consolidado como unha das grandes potencias editoriais do mundo.

En canto a produción por linguas, a edición en galego supón un 2,4 % do total estatal, respecto á edición en castelán (84,5%), catalán (10,0%) e éuscaro (1,7%).