Print this page

Aulas abertas de literatura fantástica, en Compostela

Rate this item
(0 votes)

Alba Rozas, do grupo de investigación 'Teoría da literatura e Literatura comparada' da Universidade de Santiago de Compostela, coordina o programa Aulas abertas de Literatura Fantástica, que terá lugar o 27 de marzo, o 1 e 12 de abril, coa colaboración da editorial Contos Estraños. Ao longo destas tres xornadas tres dos meirandes expoñentes da literatura fantástica galega partillarán cos asistentes sobre algunhas das súas obras referenciais.

Programa

27 de marzo. De 17.00 h. a 18.30 h.

Tomás G. Ahola. Galiza Mutante: poder Nuclear! (Urco/Contos Estraños). Os límites da ucronía postapocalíptica.

1 de abril. De 17.00 h. a 18.30 h.

Fernando M. Cimadevila. A incríbel viaxe de Noa (Contos estraños). A distopía desde a xeografía dos imaxinarios.

12 de abril. De 17.30 h. a 18.30 h.

Xosé Duncan. As lembranzas do lago Antelväri (Galaxia). A emerxencia do espazo fantástico a partir da multireferencialidade.

Todas as charlas terán lugar na Aula C11 da Facultade de Filoloxía (Avda. Castelao, s/n. Campus norte) da Universidade de Santiago de Compostela.