Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras, mellor libro do 2010 para os libreiros galegos

Rate this item
(0 votes)

A Federación de Libreiros de Galicia celebrou o pasado sábado na localidade coruñesa de Narón a festa da entrega dos XX Premios Irmandade do Libro. Ao acto asistiron, ademais dos responsables da entidade organizadora, o alcalde e membros da corporación municipal de Narón, o presidente do Consello da Cultura Galega, o Secretario Xeral de Política Lingüística, o Director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, o presidente da Asociación Galega de Escritores, o presidente do PEN Club de Galicia, o presidente de ANELE, o presidente do Cluster Libro, o vicepresidente de CEGAL, escritores, editores, distribuidores, libreiros e representantes do mundo das artes e da comunicación. A mantedora do acto foi a escritora ferrolá Rosa Aneiros e o encargado da apertura cultural do mesmo, foi o xornalista Xosé Manuel Pereiro.

As candidaturas presentadas a estes premios, foron numerosas en todas as modalidades. Unha vez avaliadas, as decisións dos xurados e as súas consideracións foron as seguintes:

Institucións. Pola especial contribución ao coñecemento e valoración do libro infantil e xuvenil en galego dende o ano 1989 ata o momento actual, tanto dentro de Galicia como fóra e pola creación de novos lectores, o xurado dos XX Premios Irmandade do Libro decidiu dar como gañador na modalidade de Institucións a: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX).

Fomento da Lectura. Polo traballo de promoción cultural no ámbito rural, polo fomento da lectura que leva a cabo a súa biblioteca, pola aposta polos xéneros de poesía e teatro a través dos seus premios “Arume” e “Estornela”e como recoñecemento ao traballo de Anisia Miranda ao longo dos últimos anos, o Xurado dos XX Premios Irmandade do Libro decidiu dar como gañado á: Fundación Neira Vilas, de Gres (Vila de Cruces).

Obra editorial do ano 2010. Pola súa aposta por un xénero minoritario, como é a poesía, tanto no ámbito nacional como da traducción de autores estranxeiros, e moi especialmente polo descubrimento e aposta cara a autores radicalmente contemporáneos como Lois Pereiro, o Xurado dos XX Premios Irmandade do Libro decidiu dar como gañador, na modalidade de Obra Editorial do ano 2010 á: Colección Di-Versos, de edicións Positivas.

Libro do ano 2010. Pola excelente acollida no público lector e pola súa aposta por unha literatura comercial e de calidade, o Xurado dos XX Premios Irmandade do Libro decidiu dar como gañador, na modalidade de Libro do Ano 2010 a: Asasinato no Consello Nacional (Xerais) de Diego Ameixeiras.

Centros de Ensino. Pola orixinalidade das súas propostas, polo entusiasmo amosado na práctica diaria do club de lectura e a constancia na difusión da lectura entre a mocidade, o Xurado dos XX Premios Irmandade do Libro decidiu dar como gañador na modalidade de Centros de Ensino ao: IES Xesús Taboada Chivite, de Verín.

Libraría. Pola súa producción interdisciplinar, pola contribución á difusión do libro a través da súa grande actividade cultural na propia libraría, o Xurado dos XX Premios Irmandade do Libro decidiu dar como gañadora na modalidade de Librarías a: Libraría AENEA de Santiago de Compostela.

Autor. Pola súa traxectoria en defensa do libro e da lectura en galego, pola súa paixón como editor e pola solidez e calidade do seu universo narrativo, moi vencellada aos mellores mestres da tradición galega, o Xurado dos XX Premios Irmandade do Libro decidiu dar como gañador na modalidade de Autor a: Víctor F. Freixanes.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!