Print this page

As Xornadas Literarias de Neda tratarán sobre o escritor ruso Fiodor Dostoievski

Rate this item
(0 votes)

Dende onte están abertas as inscricións para as IX Xornadas Literarias de Neda, organizadas pola Concellería de Cultura e dedicadas nesta edición ao mestre ruso Fiodor Dostoievski. Estas Xornadas Literarias desenvolveranse os días 13,14 e 15 de abril.

Para esta cita coas letras universais, que en edicións anteriores achegaron ao público as figuras de Julio Cortázar, Franz Kafka, Pessoa, Virginia Wolf, Miguel de Cervantes ou Marcel Proust, James Joyce ou a Faulkner, contarase con ponentes de talla internacional para coñecer mellor a vida e afondar na obra do autor de O xogador.

Na xornada do mércores 13 intervirá o profesor da Universidade de Granada nx0woé Antonio Hita Jiménez, que falará sobre o Dostoievski visionario: das ideas sociais ao ‘todo está permitido. Ao día seguinte Ekaterina Guerbek pronunciará a conferencia titulada A linguaxe das obras de Dostoievski. De seguido Ilona Yavchunovskaya, do Centro Ruso de Madrid, achegaranos a Vida e obras de Dostoievski.

O venres 15 a xornada principiará cunha conferencia a cargo do Club de Lectura da Biblioteca do IES Fernando Esquío titulada: Dostoievski humano e Comentarios a ”O Xogador“. Posteriormente nx0woe Manuel Sande, do CGAI, falará sobre Dostoievski e as exploracións fílmicas na súa obra. As conferencias rematarán coa pronunciada por Claudio Rodriguez Fer titulada Dostoievski cara á ética da liberación. A actuación musical do cuarteto Volando Libre, concerto de música clásica e folklórica rusa pecharán estas xornadas.

Ao longo destes días poderase visitar as exposicións Vida de Dostoievski (fotografías) e a exposición bibliográfica: Literatura rusa na Biblioteca de Neda.

As inscricións a estes xornadas poden facerse na Facultade de Humanidades (Campus de Ferrol), ou na Casa da Cultura de Neda: Por teléfono:981390233 e por Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

As conferencias terán lugar na Facultade de Humanidades de Ferrol e na Casa da Cultura de Neda.