Print this page

As letras terán un papel importante na celebración do Festigal

Rate this item
(0 votes)

Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre organizan, un ano máis, o Festigal, a grande festa da música, das letras e das ideas que como cada ano se celebra os días 24 e 25 de xullo en Santiago de Compostela, coincidindo co Día da Patria Galega.

Serán dous días de actividades onde, como non podía ser doutro xeito, terá cabida o mundo da literatura e dos libros. Así, no Festigal contarase cunha ampla programación de conferencias e presentacións das últimas novidades editoriais.

 

PROGRAMA

16.00 h. Presentación de Doris Benegas, unha loitadora do pobo (Último Cero), libro coordinado por Pablo Arroyo. Participan Fernando Valiño, coautor do libro e representante do Diario dixital Último Cero; Luis Ocampo, Compañeiro de Doris e voceiro de Izquierda Castellana; María Xosé Queizán, escritora galega e colaboradora do libro; e Guillerme Vázquez.

16.20 h. Presentación de Na casa da avoa (Galaxia) de Marta Dacosta. Participan María Xosé Cacabelos, Presidenta da Asociación de Mariscadoras de Guimatur; e Marta Dacosta, autora.

16.40 h. Taibo e Callón. Conversa cos autores arredor dos seus últimos libros: Os tres de nunca (Xerais) de Nacho Taibo, e Galegofalantes e galegocalantes (Xerais) de Carlos Callón. Participan Nacho Taibo e Carlos Callón.

17.00 h. Presentación de Os nomes do terror. Galiza, 1936. Os verdugos que nunca existiron (Sermos Galiza), un libro coordinado por Dioniso Pereira, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido e Xosé Ramón Ermida. Participan Dioniso Pereira, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido, Xosé Ramón Ermida e Xoán Costa, Presidente de Sermos Galiza.

17.20 h. Presentación de Repente galego (Deputación de Pontevedra/Asociación ORAL) de Ramón Pinheiro Almuinha. Participan Xosé Leal, Deputado de Cultura e Lingua na Deputación de Pontevedra; Eva Vilaverde, Deputada na Deputación de Pontevedra; Carlos Alonso, Presidente da Asociación ORAL; e Ramón Pinheiro, autor do libro. Coa actuación das regueifeiras Alba María e Lupe Blanco.

18.30 h. Palestra titulada O escenario pre e post referendo de Catalunya para as nacións sen estado. Presenta: Ana Miranda, Portavoz do BNG en Bruxelas e membro da Executiva Nacional do BNG.Interveñen: EH Bildu, Marian Beitialarrangoitia Lizarralde, portavoz de EH Bildu no Congreso dos Deputados, ERC, Xavier Castellana, senador de ERC, BNG, Rubén Cela, membro da Executiva Nacional do BNG.

19.40 h. Os soños na gaiola en concerto. Proxecto colectivo promovido polo Concello de Rianxo, Escola de Música de Rianxo, o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e a Fundación Manuel María. Ed. Casa-Museo Manuel María. Participan: Saleta Goy, Presidenta da Fundación Manuel María, Irene Amado, coordenadora do proxecto, Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Alberte Ansede, Secretario da Fundación Manuel María.

20.00 h. Presentación de Himno Galego: unha historia parlamentar (inconclusa) de María do Pilar García Negro. Un volume coeditado pola Fundación Galiza Sempre e Federación Galiza Cultura. Participan: Maria do Pilar García Negro, autora do libro, e Francisco Jorquera Caselas, Presidente da Fundación Galiza Sempre.

20.20 h. Presentación de Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid 1912-1925 (Laiovento) de Javier del Valle-Inclán Alsina. Participan: Javier del Valle-Inclán Alsina e José Ángel Maquieira, profesor-tutor da UNED.

20.40 h. Presentación de Atlas das nações sem Estado na Europa, publicado por Através Editora. Participan: Valentim Fagim, editor, e Abraham Bande, adaptador e tradutor do orixinal.

 

Participarán tamén a libraría Pedreira e as editoriais AGAL/Através, Sermos Galiza, A Central Folque, Catro Ventos editora, Galaxia e Patas de Peixe.