Print this page

As III Xornadas de Novela Negra de Verín centraranse nos "Personaxes de novela"

Rate this item
(0 votes)

O Auditorio de Verín acollerá durante os días 24 e 25 de xaneiro a terceira edición das súas xornadas de Novela Negra, este ano dedicada aos personaxes deste xénero literario.

As xornadas “Personaxes de Novela”, organizadas conxuntamente  pola Biblioteca do Concello de Verín xunto e pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), teñen por obxectivo dar unha visión real sobre as personaxes que nelas normalmente aparecen. Para iso, Verín contará coa presenza de reputados escritores  e profesionais que falarán en profundidade sobre moitas das claves deste xénero literario.

Para Miguel Losada, secretario de SAGA, «Este ano, o lema das xornadas é “Personaxes de Novela” e pretendemos que sexa un percorrido polas tripas mesmas dunha realidade que transcende o literario e camiña na escuridade da psique humana. Detrás desta literatura podemos atopar as luces da creatividade chovendo sobre as teclas, mais tamén as sombras da que bebe tantas veces a narrativa humana».

A Novela Negra, tan vizosa sempre no panorama editorial, é un fetiche social que protexe e esconxura contra ese escuro atavismo como son as formas da violencia. Escribila é todo un rito, unha catarse sen volta atrás porque o imaxinado, neste caso, non resulta ser inventado. Mais ben recreado. «Nesta ocasión, e como oficiantes taumaturxia da palabra escrita» – explicou Vicente Rodríguez, director da biblioteca municipal de Verín- «contaremos na Biblioteca do Concello de Verín a curtidos relatores e referentes da intrahistoria dun xénero que, cando non é xornalismo, borboriña as palabras que tantas noites prenden nos nosos ollos dende as fonduras, e mesmo abismos, da natureza humana».

Ao longo dos dous días xas Xornadas “Personaxes de Novela”, por Verín pasarán personaxes reais que normalmente aparecen nestas novelas, coma o Comisario de Policía, na  persoa de Enrique León Calviño, comisario de Vilagarcía, sobre o que basease o inspector Dario Silva da famosa serie televisiva de Antena 3 “Fariña”; o Médico Forense na persoa de Fernando Serrrulla Rech; o Xuíz, na persoa de José Antonio Vázquez Taín (xuíz e escritor de novela negra); e coma non teremos ao escritor que compón unha trama cunha serie de personaxes, na persoa de Pedro Feijoo, autor do recente Un lume azul (Xerais).

A maiores todas conferencias e a mesa redonda do último día estarán guiadas polo xornalista Xurxo Salgado Tejeiro, director do xornal online http://www.galiciaconfidencial.com

Todas as conferencias serán con libre entrada e realizaranse no Auditorio do Concello de Verín.

 

Programa

Venres 24

19.30 h. Do contrabando de tabaco ao tráfico de drogas en Galicia. Con Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía, figura que deu vida na serie Fariña de Antena 3 o actor Tristán de Ulloa.

20.15 h. O corpo do delito. Con Fernando Serrulla Rech, médico Forense e antropólogo forense responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia; e José Antonio Vázquez Taín, xuíz/escritor.

Sábado 25

18.30 h. A novela negra como radiografía da realidade social. Con  José Antonio Vázquez Taín, xuíz/escritor.

19.15 h. A forma do lume. Con Pedro Feijoo Barreiro, escritor de novela negra.

20.15 h. Mesa Redonda: Enrique León Calviño, Fernando Serrulla Rech, José Antonio Vázquez Taín, Pedro Feijoo Barreiro. Modera a mesa: Xurxo Salgado, xornalista.

Ao remate da mesa redonda clausuraranse as xornadas e os autores asinarán libros.

 

Máis información: