Print this page

As feiras do libro do 2012 arrancan hoxe en Ferrol

Rate this item
(1 Vote)

Hoxe, ás 19.30 h., terá lugar a lectura do pregón a cargo do escritor Xosé Neira Vilas coa que se inaugura oficialmente a XXIII Festa da lectura, do libro e da palabra, que se desenvolverá en Ferrol dende hoxe ata o 24 de abril, e que este ano está adicado á figura de Rosalía de Castro, co gallo do 175 aniversario do seu nacemento.

Ao longo destes seis días multitude de actividades relacionadas co libro daranse cita na ferrolá praza da Constitución. Presentacións, charlas, actuacións, obradoiros, contacontos, xogos... e a presenza de autores como Concha Blanco, Antonio Yáñez Casal, Antón Cortizas, Fran Zabaleta ou Marío Regueira achegarán a mellor literatura a todos os públicos.

Ao remate de cada xornada levarase a cabo o sorteo dun lote de libros.