Print this page

As Feiras do Libro 2018 arrancan hoxe en Verín

Rate this item
(0 votes)

Verín será a primeira vila galega que acollerá a Feira do Libro neste 2018. Dende hoxe ata o domingo 18 de marzo a praza da Merced será escenario da presenza de sete librarías e acollerá preto dunha ducia de actividades para todos os públicos.

A inauguración Oficial da Feira terá lugar hoxe ás 19.30 h. co pregón da escritora Elena Gallego, que dará paso a un programa que contempla numerosas actividades como presentacións de libros e encontros con escritores. Como homenaxe a María Vitoria Moreno, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas, cabe destacar o lema que estará presente en todas as Feiras do Libro, que é “Ler sen fronteiras”.

Na Feira do Libro de Verín estará presentes a libraría Cartabón de Vigo, a libraría Papiro, Cortizas (Ferrol), AZ, Cortés e Pica-Pica, que ofrecerán todos os libros co tradicional desconto do 10%  e estarán abertas en horarios de 18.00 h. a 21.00 h. ( venres 16), e de 10.30 h.-14.00 h./16.30 h.-20.30 h. (sábado e domingo).

 
Programa

Día 16. Venres.

19.30 h. Inauguración da Feira. Pregón a cargo de Elena Gallego. Actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Día 17. Sábado.

12.00 h. Rocío López asina Olvídate del Cielo e Ladrona de Vidas na caseta da Libraría Monterrei.

12.30 h. Preséntase José García Barbón Sola, Mecenas e Filántropo de Verín, de Gerardo Dasairas.

17.00 h. Títeres Cascanueces presenta O Gato simple.

18.00 h. Rocío López asina Olvídate del Cielo e Ladrona de Vidas na caseta da Libraría Monterrei.

18.30 h Preséntase O xogo de Babel, de Elena Gallego, por Edicións Xerais. Participa Xosé Carlos Caneiro.

19.30 h. Falando de libros con Domingo Herbella.

20.00 h. Preséntase O códice esmeralda (Xerais) de Alberte Blanco.

Día 18. Domingo.

12.00 h. Preséntase a colección Taboada Chivite de Patrimonio, de Bruno Rúa. Por editorial institucional do Concello de Verín. Participa, Xesús Taboada Cid.

13.00 h. Un Bocadillo de... Banda deseñada, con Aurora López.

18.00 h. Preséntase Abismo de Pablo José López Morales, por Editorial Círculo Rojo. Pilar dos Anjos.

19.00 h. Poesía sen idade, con Servando Barreiro.

 

Máis información: