Print this page

As Cantigas de Santa María e Álvaro Cunqueiro no VIII Congreso 'Camiño de Santiago'

Rate this item
(0 votes)

O Concello de Palas de Rei organiza unha nova edición, a oitava, do Congreso Camiño de Santiago que terá lugar en Palas de Rei os días 21,22 e 23 de outubro.

Como en edicións anteriores, ao longo do transcurso deste Congreso darase cabida a reflexión e o análise a traverso das distintas ponencias así como a ilustración práctica mediante as visitas guiadas.

A literatura no Camiño de Santiago tamén terá cabida no Congreso deste ano, e será na última xornada, correspondente ao domingo 23. En primeiro lugar, o profesor de Historia da Música do Conservatorio Profesional de Santiago e director do grupo de música mediaval 'Martín Codax' falará sobre as Cantigas de Santa María no Camiño de Santiago. De seguido, o investigador, crítico e literario e profesor Armando Requeixo pronunciará a conferencia Álvaro Cunqueiro. Señor da palabra e dos camiños.

A data límite pra se inscribir é o 14 de outubro, a cuota de inscripción son 30 € por persoa. A inscripción pódese facer nas dependencias do Concello de Palas de Rei ou contactando no teléfono 982380001.