Print this page

As bibliotecas de Mar del Plata fornécense de libros galegos

Rate this item
(0 votes)

A colaboración entre a Xunta de Galicia e a Municipalidade de General Pueyrredón permitiu que as bibliotecas da cidade arxentina de Mar del Plata ofrezan a posibilidade de achegarse á literatura e á cultura galega a través da nova Sección Galega ‘Castelao’, creada con fondos bibliográficos doados pola Xunta de Galicia. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos distribuirá un total de 900 libros entre os distintos centros de lectura municipais.

No marco da XXXVII edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, manifestou respecto a estes libros, que corresponden a fondos que integran "todos os xéneros e están representados os grandes escritores galegos".

O director xeral transmitiu ao secretario de Cultura da Municipalidade de General Pueyrredón a súa gratitude pola "implicación e o esforzo realizado para que os grandes nomes da literatura galega adquiran unha maior presenza nos centros de lectura da cidade de Mar del Plata".