Print this page

Arrancan as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

Rate this item
(0 votes)

Do 4 ao 18 de outubro terá lugar unha nova edición das XXIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que este ano estarán dedicadas na lembranza de Benito Losada, finado hai un ano e director das Casa da Xuventude e coordinador do evento dende o seus comezos. Varios autores de cómic galegos, colaboradores habituais do festival, cederon páxinas de distintos momentos das súas carreiras, nas que condensan a súa traxectoria no medio e fan unha retrospectiva da historia das propias Xornadas, deixando patente a figura de Losada como mecenas dunha xeración de debuxantes que triunfan aquí e no estranxeiro. Con obras do Frente Comixario, Diego Blanco, Hugo Covelo, Sergio Covelo, Manel Cráneo, nx0woé Domingo, Alberto Guitián, Javi Montes, Miguel Porto, Bernal Prieto, Emma Ríos, Miguel Robledo, Brais Rodríguez, Roque Romero, David Rubín, Alberto Vázquez e Jano Viñuela.

As xornadas tamén servirán para renderlle outra homenaxe ao colectivo Polaqia, un dos grupos de autores de cómic galegos máis activos nesta última década, que anunciou a súa disolución para finais de 2011.

Encontros, presentacións e unha das citas máis importantes destes encontros, a entrega do Premio Ourense de BD, que se entregará, pouco despois da inauguración destas xornadas, mañá a partires das 12.00 h. Este premio distingue cada ano unha iniciativa ou unha traxectoria en relación coa BD en Galicia, e que este ano recae en Demo Editorial. O galardón é unha trofeo deseñado e realizado expresamente para a ocasión polo artista plástico Manolo Figueiras.