Print this page

Arranca o Culturgal 2011

Rate this item
(1 Vote)

Culturgal, a Feira das Industrias Creativas abriu hoxe as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra coa presenza de representantes das distintas asociacións sectoriais que integran o Culturgal. O libro, a creación audiovisual, as artes escénicas, a música, o deseño, internet e as novas tecnoloxías daranse cita dende hoxe ata o domingo.

A Feira das Industrias Culturais está organizada pola Asociación Culturgal, unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Culturgal 2011 conta co patrocinio da AGADIC, do Concello de Pontevedra, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Ministerio de Cultura español.

Xulio Amigo, presidente do Culturgal, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída, destacando a calidade e a variedade de propostas que o público que asista á feira poderá gozar ao longo da fin de semana.

“Nunha época complicada, cos problemas que todos e todas coñecemos e compartimos, conseguimos artellar entre todos unha feira con máis de 130 actividades de todas as disciplinas e para todos os públicos. Nos próximos tres días, 75 entidades expositoras amosaránlle ao público as súas propostas e os preto de 300 profesionais acreditados compartirán experiencias e proxectos”, afirmou Xulio Amigo. “O Culturgal 2011 é froito do esforzo compartido de todo o sector cultural”, engadiu, “un esforzo que permitiu avanzar en varios aspectos cruciais para o futuro do proxecto”. Entre os avances desta cuarta edición, “a máis completa e variada da historia do Culturgal”, Xulio Amigo destacou o esforzo realizado na adaptación do deseño do espazo ferial ás necesidades dos distintos sectoras, na innovación dos formatos de presentación de propostas, buscando os máis dinámicos e atractivos para o público, e na representación sectorial, acadando a presenza da maioría das asociacións profesionais galegas.

Máis información: