Print this page

Arcadio López Casanova recibe o Premio da Cultura Galega 2011

Rate this item
(0 votes)

O poeta Arcadio López Casanova ven da gañar o Premio da Cultura Galega 2011 na modalidade de Letras. O xurado recoñeceu a traxectoria do lucense e a súa extensa produción en lingua galega e castelá.

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2011 reniuse na Cidade da Cultura de Galicia para facer público o nome dos sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do traballo creativo do noso país e a súa expansión no exterior nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual.

A sesión de deliberación estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e contou coa participación como vogais institucionais do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o reitor da Universidade da Coruña, nx0woé María Barja Pérez; o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Ramón Durán; o vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel nx0woé Fernández Iglesias, e o membro da Xunta de Goberno da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Ramón Yzquierdo Perrín. Como membros do xurado designados pola Consellería de Cultura e Turismo tamén participaron na xuntanza Miguel Fernández Cid, Natalia Lamas, Isabel Aguirre e Carmen Castro Pombo.

 

O resto de premiados foron:

 

- O escultor cambadés Manolo Paz no premio Cultura Galega das artes Plásticas.

- O dramaturgo Quico Cadaval no premio Cultura Galega das Artes Escénicas.

- A Fundación ‘Aquae Querquennae’ no premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.

- Carlos Núñez no premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia.

- O compositor Rogelio Groba no Premio Cultura Galega de Música.

- María Pujalte no premio Cultura Galega de Creación Audiovisual.