Print this page

Arancha Nogueira gaña XXII Premio Johán Carballeira de Poesía

Rate this item
(0 votes)
Arancha Nogueira Arancha Nogueira Foto: AELG

Arancha Nogueira resultou gañadora do XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu polo seu poemario titulado O silencio das gaivotas.

O xurado, conformado polas poetas Míriam Ferradáns, Tamara Andrés e Berta Dávila valorou o interese da proposta, “con hábil manexo da sinxeleza e da tenrura, coherencia estrutural dunha historia áxil e luminosa que é quen de conmover pero tamén de deitar achados poéticos”. Destacable é tamén a “honestidade da proposta autorial e a verdade da escrita, e os eixes temáticos aluden a unha revisión do mundo infantil, contemplado desde o rescate do paraíso perdido e do que se conserva del”.

Arancha Nogueira é Licenciada en Xornalismo. Actualmente forma parte da comunidadede crítica cultural feminista “A Sega” e publicou o ano pasado os poemarios o único lugar onde ficar inmóbil (Urutau), spleen en catro tempos (Toxosoutos), e a plaquette a capacidade de descomposición da luz.

O poemario da poeta ourensá erixiuse gañador de entre os cincuenta e oito traballos presentados ao certame nesta modalidade.

Este concurso naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. Tal e como xa se anunciara hai unhas semanas, na categoría de xornalismo deste ano, fíxose co premio Aser Álvarez González pola súa repostaxe “Ferrín e a poesía do circo”.