Print this page

Arancan as actividades do Outono Pondaliano

Rate this item
(1 Vote)

Hoxe comezan en Ponteceso as xornadas culturais No confín do outono pondaliano, onde se conmemora o Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, o XXX aniversario da oficialidade dos símbolos de Galicia e o III Aniversario da Fundación Eduardo Pondal.

Os actos comezarán ás 12.00 h. co 30º aniversario da oficialidade dos símbolos de Galicia, onde participarán Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia; e nx0woé Luís Fondo Aguiar, alcalde de Ponteceso.

Xa de tarde celebrarase o 3º aniversario da Fundación Eduardo Pondal, onde se proxectarán audiovisuais das actividades realizadas ó longo de 2011 e haberá unha degustación de aniversario elaboradas por Xoán Xesús Mato Bermúdez do restaurante Artabria e Manuel Xulián Saleta Fernández da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro.

Este será o punto de partida dun feixe de actividades que se desenvolverán ata o xoves 22 de decembro, e onde se realizarán presentacións de libros, conferencias, lecturas e viaxes ao Parlamento de Galicia e a Mondoñedo.