Este mes de maio que principia trae consigo a rodaxe do filme Sinbad, unha adaptación da novela de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas. Antón Dobao será o encargado de elaborar o guión e de dirixir este filme para tv, coproducida pola TVG e por Ficción Producciones. Sinbad suporá unha homenaxe a Cunqueiro no seu centenario.
Entre o elenco de actores atopamos a Mela Casal, Sara Casasnovas, nx0woé Ángel Egido, Mariña Sampedro, Luís Zahera e Xosé Manuel Olveira “Pico”.
Para seguir os pormenores deste filme, do que xa se conta co cartel de David Rubín, está aberta unha páxina en facebook, aquí.