Print this page

Allariz celebrará o I Outlet do libro galego

Rate this item
(1 Vote)

O concello de Allariz acollerá entre os días 31 de marzo e o 8 de abril o I outlet do libro galego. A inciativa, que conta co apoio do concello de Allariz, a Asociación Galega de Editores e a libraría Aira das Letras, achegará un total de 648 títulos a prezos de outlet.

Dende a organización agárdase que a experiencia, que terá lugar na Praza de Abastos da vila ourensá, sexa un éxito.

Os prezos dos libros oscilarán entre os 3 os 15 euros dos libros da categoría de grandes obras. Os organizadores acordaron realizar tamén vendas por lotes e venderanse ata 5 títulos por 10 euros. Ao longo deses días desenvolverase un programa de actividades de animación e dinamización cultural.