Print this page

Alba Pérez Barcala e María Fernández Quiñones son as gañadoras do XLVI Premio Literario Minerva

Rate this item
(0 votes)

Alba Pérez Barcala e María Fernández Quiñones son as gañadoras do Premios Literarios Minerva na  súa XLVI edición, nas categorías de narración e poesía, respectivamente. Esta edición recibíronse un total de 221 traballos presentados, 147 na modalidade de narración e 74 na de poesía.

Este certame anual é convocado anualmente polo colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela e está dirixido a alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato, que cursen estudos no noso país.

 

Obras gañadoras e finalistas

Modalidade de narración

1º Premio. Alba Pérez Barcala, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Cacheiras, Teo, polo seu relato Papel cosido.

2º Premio. Juan Christian Rodríguez Fernández, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do Sagrado Corazón Franciscanas de A Coruña, pola súa obra Martiria.

3º Premio. Uxía León Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Arcebispo Xelmírez II, pola súa narración titulada Itinerante.

1º Accésit a Iago Fraga Vilas, de 15 anos, alumno de 4º de ESO do IES Francisco Asorey de Cambados, polo seu traballo O último soño.

2º Accésit a Mireya Rodríguez Fernández, de 18 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo de O Barco , polo seu traballo Petrificada en ámbar.

3º Accésit a Helena Gómez Villanueva, de 17 anos, alumna de 1º de Bacharelato do Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, polo seu traballo Carabela.

Modalidade de poesía

1º Premio. María Fernández Quiñones, alumna de 2º de Bacharelato Colexio Calasanz- PP. Escolapios, pola súa triloxía Arder.

2º Premio. Jorge Moral Vidal, de 17 anos, que cursa 2º de Bacharelato no IES Lauro Olmo de O Barco, polo seu poemario titulado Antoloxía.

3º Premio. Juan Carlos Rocamonde Quintela, de 16 anos, estudante de 2º de Bacharelato do Colexio M. Peleteiro, polo seu traballo Vísceras de arco iris.

1º Accésit, a Carmen Charle Lestón, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Os Rosais II de Vigo, pola súa obra Entre as túas costas e a miña parede.

2º Accésit, a Lois Pérez González, estudante de 4º de ESO do CPR Santa María (Maristas), de Tui, pola súa obra Amores inmaturos.

3º Accésit, a Cristina Souto Pita, de 15 anos, estudante de 4º de ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz de As Pontes de García Rodríguez, pola súa obra Tenruras da terra.

 

O acto literario de entrega de premios terá lugar o xoves 5 de abril, ás 17.00 h., no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedora a escritora e académica da Real Academia Galega Fina Casalderrey. Neste acto, os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, tal como se vén facendo nos últimos anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro.