Print this page

Alarmante descenso de títulos e de exemplares editados en galego no 2010

Rate this item
(0 votes)

O Instituto Nacional de Estatístico publicou o informe Producción editorial de libros 2010.

Dos resultados ofrecidos polo INE depréndese a reducción de libros editados en galego. Se no pasado ano editáronse 1.429 libros, no ano 2009 foron 1.823. Esta disminución de títulos tamén afectou ao número de exemplares editados: dos 3.189.000 no 2009 baixouse ata 2.317.000 exemplares no 2010. O máis editado foi o xénero literario, cun 48,2 % dos títulos, mentres que as publicacións oficiais supuxeron un 19,2 % e a publicación infantil un 15,2 %.

Por comunidades Galicia sitúase no quinto lugar en canto libros editados, cun total de 2.778 títulos, o que supón que aproximadamente o 51,43  % dos títulos editados foron en galego e un 48,57 % noutras linguas. Por provincias A Coruña segue un ano máis como a provincia que máis edita, con 1.599 títulos, seguido de Pontevedra con 964, Ourense con 129 e Lugo con 86.