Print this page

Adelaida Vidal é a nova gañadora do Vicente Risco de creación literaria

Rate this item
(4 votes)

Adelaida Vidal Vizcaya é a nova gañadora do premio Vicente Risco de Creación Literaria, que neste ano chega a súa duodécima edición.

O xurado, formado por Arturo Lezcano, Xulio García Golpe, Constantino Pazos Sobrino, Fernando Méndez e Ánxela Gracián; e actuando como secretario Luís Martínez-Risco Daviña da fundación Vicente Risco e sendo a Presidenta do Xurado a Concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez González (sen voz nin voto), destacou da novela gañadora, presentada baixo o título de Olladas, o feito de se tratar dunha novela minimalista, chea de realismo e frescura narrativa. Con personaxes moi contemporáneos que apostan polos soños. A trama está sostida por un narrador omnisciente que "todo o sabe", e non entanto non emite xuízos de valor, deixando que os personaxes teñan autonomía e identidade propias.

A obra gañadora, amais da dotación económica establecida nas bases do concurso, publicarase na editorial Sotelo Blanco.