Print this page

'Abride a fiestra' homenaxeará a Rosalía os días 13 e 14 de xullo

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Rosalía de Castro organiza na Casa da Matanza de Padrón, onde morreu a nosa poeta nacional, a segunda edición do festival Abride a Fiestra. Serán dous días, o sábado 13 e o domingo 14 de xullo, onde haberá visitas guiadas, teatralizacións, recitais poéticos, proxeccións, concertos...

O sábado inaugurarase o Abride a Fiestra cunha visita teatralizada con Os Quinquilláns, seguido dun recital poético multilingüe co Colectivo de Poetas en Bruxelas e un grupo representativo da poesía galega actual, entre os que están Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato e Yolanda Castaño. Rematará a primeira xornada cun concerto de Cristina Pato, con Roberto Comesaña.

A xornada do domingo acaparará o groso das actividades, que dará comezo ás 11.00 h. cunha visita guiada pola horta da Casa, por Carlos Dacal. Visitas guiadas por diversos autores, conferencias como a de Xosé Luís Méndez Ferrín, proxeccións, concertos para toda a familia ou presentacións de libros serán o resto de actos que acollerá a Casa da Matanza, para rematar cun concerto de Davide Salvado ás 21.00 h.

O nome do Festival toma como referencia as derradeiras palabras pronunciadas por Rosalía de Castro, que segundo a súa filla, foron “Abride a fiestra que quero ver o mar”.

Máis información: