A rúa do Príncipe de Vigo acolle dende hoxe e ata o 6 de xullo a celebración da XLV Feira do Libro de Vigo. Nesta edición contarase coa participación de 14 expositores.
A XXX Feira do Libro de Vigo está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia coa colaboración do concello de Vigo, da Deputación de Pontevedra e do goberno de Galicia.
A feira inaugurarse hoxe ás 12.00 h. co pregón da escritor Inma López Silva, e que será o inicio dun completo programa de actividades para todos os públicos que traerá ata Vigo a autoras e autores como Arantza Portabales, Manuel Portas, Kiko da Silva, Xurxo Souto, Luís Dávila, Iolanda Zúñiga, entre un longo etcétera.
As casetas da Feira estarán abertas de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 h. a 21.00 h. Todos os libros terán un desconto do 10%