Print this page

A XLIV Feira do Libro de Vigo levará ata a cidade olívica máis de 70 actividades relacionadas co mundo do libro

Rate this item
(0 votes)

A XLIV Feira do Libro de Vigo abriu hoxe as súas portas ao público e durante os seus 10 días de duración celebraranse na Porta do Sol máis de 70 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Sinaturas e presentacións de libros, obradoiros, actuacións musicais e unha especial atención aos máis pequenos atraerán o interese dos lectores cara a esta cita cultural obrigada na cidade.

O profesor e exeditor de Xerais Manuel Bragado, foi o pregoeiro desta XLIV edición da Feira do Libro de Vigo, na que participan librarías de referencia tanto da cidade como do resto do país, como Nobel Gran Vía; M. Moleiro; El arte de la perfección; Pedreira; Lafer; Cortizas; Cartabón; Mendinho; Casa del Libro; Librouro; Libros para soñar; ademais da editorial Galaxia e as bibliotecas públicas da cidade, a municipal Neira Vilas e a de Vigo, Juan Compañel.

Ata o día 7 de xullo moitas serán as autoras e autores que presentarán as súas últimas novidades na Feira, que terá nas escritoras locais un dos seus eixos. Deste xeito Jorge Lamas, María Reimóndez, Isabel Blanco, Marcos Calveiro, Ledicia Costas, Iolanda Zúñiga ou Pedro Feijoo, entre outras, achegarán aos asistentes os seus novos libros.

As casetas estarán abertas en horario de 11.00 h. a 14.00 h e de 17.30 h. a 22.00 h. Como decote acontece nestas Feiras do Libro, todos os libros terán un desconto do 10%