Print this page

A XI Xornada de Literatura de Tradición Oral dedícase ao rol da muller na literatura de tradición oral

Rate this item
(0 votes)

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, en colaboración coa AS-PG e coa Deputación de Lugo, organiza a XI Xornada de Literatura de Tradición Oral, que nesta edición se dedica a O rol da muller na literatura de tradición oral.

Esta XI Xornada de Literatura de Tradición Oral terá lugar no prazo de San Marcos, o 27 de outubro, coa participación de seis investigadoras e creadoras que revisarán desde unha perspectiva crítica o rol da muller nos diversos xéneros da literatura oral.

A xornada arrinca ás 10.30 h. cunha conferencia de Camiño Noia sobre o papel da muller nos contos. A continuación, ás 11.30 h., a avogada Estefanía Lodeiro abordará a violencia de xénero a través do refraneiro popular. E a sesión rematará cunha mesa redonda das dúas investigadoras baixo o título “a muller imaxinada como paradigma da muller de carne e óso”.

Pola tarde, ás 16.00 h., a escritora Anxos Sumai tratará da demonización da muller sabia coa conferencia “Meigas: as mulleres sanadoras contra a orde masculina”, e ás 17.00 h., Faia Díaz Novo falará da visión da sociedade que transmitiron a través do cancioneiro as mulleres vinculadas ao traballo no wolframio. A sesión rematará cunha nova mesa redonda e posteriormente, un recital de regueifas a cargo de Alba María e Lupe Blanco pechará as xornadas.

A matrícula é de balde previa inscrición.

Máis información: