Print this page

A vila de Allariz encherase por tres días de poesía nunha nova edición do Poemagosto

Rate this item
(0 votes)

Allariz énchese de poesía e música nunha nova edición do Poemagosto, a quinta neste 2018. Entre o 12 e o 14 de outubro o Festival de Poesía ofrecerá unha nova proposta e reunirá a voces literarias internacionais.

O Poemagosto – Festival internacional de poesía en Allariz ten como obxectivo achegar ó público unha boa programación onde prime a poesía e as poetas, sen esquecer a música e outros formatos artísticos .

Poesía, música, concertos, charlas, micros abertos, actividades infantís, combate poético, presentacións, postos de libros, arte e artesanía… terán lugar nos tres días do Festival, polo que pasarán nomes como Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Olga Novo, Iago González, Antía Balvís Moreiras, Lorena Fernández, Inés Outomuro, Nuria Fdez. Robledo, Ángela del Canto, Yasuhiro Yotsumoto, Estíbaliz Espinosa Río, Isabel Martín Ruiz, Chus Pato, Oriana Méndez ou Judite Canha Fernandes, entre outras moitas voces.

Todas as actividades desenvolveranse en diferentes puntos da vila alaricana e serán de balde, agás dúas propostas: o concerto de Tanxedoras o sábado 13 ás 22.30 h. e o xantar do Poemagosto, tamén o sábado pero ás 14.30 h.

Máis información: