Print this page

A vida de Emilia Pardo Bazán chega ao cine

Rate this item
(0 votes)

Zenit TV e a Televisión de Galicia ultiman a rodaxe de A condesa rebelde, Emilia Pardo Bazán, o primeiro telefilme dun proxecto máis amplo da produtora amiense que ten como obxectivo recuperar as biografías e as obras de mulleres galegas do século XIX: Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Concepción Arenal.

Dirixida por Zaza Ceballos e con Susana Dans no papel da escritora e intelectual coruñesa, o reparto complétase cun elenco formado por Mabel Rivera, Manuel Lourenzo, Morris, e Manuel Fernández Serrano, entre outros.

A vida da Pardo Bazán estivo chea de escándalos e polémicas, foi amante de Benito Pérez Galdós y gozou da amizade de Victor Hugo, Unamuno ou de Clarín.

A longametraxe de A condesa rebelde, Emilia Pardo Bazán emitirase, amais de A Galega, noutras canles de televisión da FORTA.