Print this page

A USC publica unha escolma bilingüe de Úrsula Heinze

Rate this item
(0 votes)

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística, acaba de sacar á luz Escolma poética, 1997-2008, unha publicación bilingüe de cincuenta poemas da autora alemá afincada en Santiago de Compostela Úrsula Heinze, traducidos ao galego por Maruxa Zaera Landeira, que abarcan unha década de produción poética.

A publicación, que contén tamén un CD con vinte poemas lidos pola propia autora, ademais de ser unha pequena e merecida homenaxe a Úrsula Heinze por parte da sección de alemán do CLM, está concibida como material didáctico para o estudo da lingua alemá na liña do realizado dende o Centro de Recursos de Idiomas no que as persoas interesadas na aprendizaxe dunha lingua estranxeira poden facelo de maneira autónoma e personalizada.

O volume pode descargarse de maneira libre e gratuíta en formato pdf, mais quen prefiran posuír unha versión en papel poden adquirila na imprenta Unidixital.

Esta escolma vense sumar á edición bilingüe alemán-galego publicada por Úrsula Heinze hai poucas de molto amoroso en Follas Novas.

Máis información: