Print this page

A RAG pecha o ano co Congreso Lois Pereiro

Rate this item
(1 Vote)

Como colofón as actividades desenvolvidas ao longo deste 2011 sobre o escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas, Lois Pereiro, a Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña, organiza o Congreso Lois Pereiro, que terá lugar do 15 ao 17 de decembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, e na sede da RAG, na Rúa Tabernas da Coruña.

Ao longo destes tres días numerosos poñentes analizarán a figura e o legado literario de Lois Pereiro. Entre os participantes están, entre outros, Antón Lopo, Daniel Salgado, María Xesús Nogueira, Antón Patiño, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro ou Chus Pato.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel Rivas Barrós e a inscrición é gratuíta e pódese formalizar no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O congreso está recoñecido cun crédito de libre configuración pola Universidade da Coruña.