Print this page

A RAG acolle a documentación de nx0woé Villaverde Velo

Rate this item
(0 votes)

Onte tivo lugar a cesión da documentación histórica do sindicalista nx0woé Villaverde Velo á Real Academia Galega, nun acto no que participaron as irmáns Mª Luz e Olga Villaverde Otero e o presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín. Cúmprese así un dos desexos dos familiares de Villaverde Velo: que a documentación de carácter político agochada durante a Guerra Civil e a ditadura franquista remate nun Centro Documental de carácter público accesible a toda a cidadanía interesada na historia do movemento obreiro galego e na represión franquista acontecida tralo golpe de estado de xullo de 1936.

Tralo golpe de estado de xullo de 1936, Villaverde é detido e, tras rexeitar dirixir ao sindicalismo vertical, foi asasinado o 25 de setembro de 1936 no concello de Arteixo . Os “papeis” de nx0woé Villaverde así como parte da súa biblioteca persoal foron soterrados nunha maleta pola familia nun solar da fábrica de zapatos de Senra na que estaban confinados Joaquín Otero e os seus fillos Eugenio e Joaquín. Na década de 1940 rescatárona e gardárona en varios domicilios da familia até que nos anos setenta varios investigadores puideron consultar por vez primeira a documentación. Con este acto, a familia Villaverde Otero pecha un ciclo persoal. Esta documentación, dun valor histórico excepcional, é depositada na RAG e accesible a todo sos interesados na súa consulta e estudo.  

En 2007 o Proxecto de Investigación Nomes e Voces púxose en contacto coas irmáns Villaverde Otero grazas á relación que o coordinador de Pontevedra Dionisio Pereira mantiña coa familia desde os anos setenta. Desde ese momento, os investigadores da universidade compostelá realizaron unha recompilación, catalogación e dixitalización de preto de 100 fotografías de carácter histórico, da correspondencia política de nx0woé Villaverde con líderes sindicais Galegos e estatais e de parte da súa biblioteca. Así mesmo, procedeuse á recuperación e posta a disposición pública dos xornais Solidaridad Obrera, Solidaridad, La Calle e Brazo y Cerebro a través da páxina web do grupo de investigación.