Print this page

A Praza dos Libros de Carballo, escaparate da mellor literatura galega

Rate this item
(0 votes)

Dende hoxe e ata o domingo 14 de xullo, Carballo ten unha cita coa lectura nunha nova edición da Praza dos Libros. Pero non só haberá literatura da boa, a Praza dos Libros vén cargadiña de música, de obradoiros, de gastronomía e, sobre todo, de grandes nomes das letras galegas actuais, que celebrarán en Carballo os 14 anos de historia desta grande cita.

A luguesa María Reimóndez  será a encargada do pregón inaugural, a partir dese momento asistiremos a un auténtico desfile de estrelas da cultura galega. Anxo Moure, Magín Blanco, María Canosa, Concha Blanco, Daniel Asorey, Diana Fernández, David Díaz, Xoán Curiel, Ledicia Costas, Fernando Fernández Rego, Manel Cráneo, Diana Varela, Pakolas, José Antonio Andrade, Manuel Rivas, Ana Cabaleiro, Ramón Vilar, Aldaolado...

Na Praza dos Libro tamén estará presente a gastronomía, e non só pola proximidade dos produtos da horta que se venderán no mercado do xoves e na feira do domingo, senón tamén porque o xoves con cada libro que merques entregaranche unha lata de atún Calvo, e o domingo, un moletiño de Pan de Carballo.

Pero os auténticos protagonistas serán os libreiros e as libreiras. Este ano participan Á lus do candil (Arteixo), Lila de Lilith (Santiago) e as carballesas Brañas Verdes, Ler, Trasgo, Teldy e Punto e Coma, ademais de Demo de Phottic.

Todos os libros terán un desconto do 10%. A Praza dos Libros estará situada no Xardín Municipal en horario de 11.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h.

Download attachments: