Print this page

A obra de Carlos Casares centrará o XIV Curso de Formación A Literatura Infantil e Xuvenil

Rate this item
(0 votes)

A obra do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, Carlos Casares, centrará o XIV Curso de Formación A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe, que se celebrará o próximo novembro baixo o título Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino. As entidades convocantes desta acción formativa son o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura e Educación, o Grupo de Investigación LITER21 pertencente ao Instituto de Cinecias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre Carlos Casares como educador e escritor de Literatura Infantil e Xuvenil. O obxectivo é salientar a importancia das súas obras na formación lectora no Ensino Infantil, Primario e Secundario e demostrar que son imprescindíbeis na planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. 

O curso, dirixido polas profesoras Blanca-Ana Roig Rechou e Ana María Porto Castro, celebrarase na capital de Galicia o día 10 de novembro na sede Ramón Piñeiro e o 11 de novembro na Biblioteca Afundación. O prazo de matrícula está aberto xa ata o 9 de novembro e ten un prezo de 15€

Máis información: