Print this page

A mostra de BD A man do diaño arranca en Carballo

Rate this item
(1 Vote)

A sala de exposicións do Pazo da Cultura de Carballo ven de inaugurar a exposición do "VI Premio de Banda Deseñada Castelao" organizado pola Deputación da Coruña. Nesta mostra, que principia a súa andaina precisamente en Carballo, preséntase a obra gañadora da sexta edición do "Premio da Banda Deseñada Castelao" (fallado no 2010), un certame de carácter anual organizado pola Deputación da Coruña. Neste caso, o gañador foi o brionés Brais Rodríguez Vázquez con A man do diaño. O xurado destaca da obra que "a partir dunha anécdota sinxela elabora un relato ucrónico, un alegato humanista e antibelicista". Segundo o autor, a historieta relata a experiencia de "tres soldados que teñen unha visión bélica propia, pero mentres van cumprindo a súa misión, ven a dimensión humana da guerra".

A exposición pode visitarse ata o 14 de marzo no Pazo da Cultura no horario habitual, de 18.00 a 21.00 h. Ao acto de inauguración asistiron o Deputado provincial Perfecto Vázquez Lema, que describiu a mostra como unha boa forma de mergullarse "na 9ª arte"; Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo; e Mar Eirís, Concelleira de Cultura.

Dende Carballo a mostra percorrerá diferentes vilas da provincia coruñesa ao longo de todo este 2012, como Bergondo, Culleredo, Cedeira, Corcubión, ...

Máis información: