Print this page

A mellor poesía ibérica e europea, esta fin de semana en Pontepoética

Rate this item
(1 Vote)

Nove poetas galegos e europeos daranse cita o 20 e 21 de abril na segunda edición de Pontepoetica, o Festival de Poesía que organiza o concello de Pontevedra en colaboración co Ateneo desa vila e baixo a dirección da poeta Yolanda Castaño.

A andaluza María Eloy-García, o vasco Edorta Jiménez, o catalán Eduard Escoffet, o portugués Nuno Júdice, a eslovena Veronika Dintinjana e os galegos Xosé María Álvarez Cáccamo, Estevo Creus, Estíbaliz Espinosa e Dores Tembras serán os protagonistas dos recitais que se realizarán no Teatro Principal de Pontevedra.