Print this page

A literatura como ferramenta no ensino

Rate this item
(0 votes)

A AS-PG e a AELG organizan as I Xornadas de Literatura e Ensino, que terán lugar os días 18 de 19 de novembro no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. Estas xornadas, dirixidas principalmente cara ao profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario, ten como un dos seus obxectivos fundamentais o reflexionar sobre a necesario revisión e actualización da transmisión didáctica da literatura no ensino obrigorio e posobrigatorio; así como valorar a literatura galega, a través da súa historia, como unha ferramenta clave para a adquisición da necesaria competencia lingüística adapatada a cada nivel/etapa educativa.

O prazo para apuntarse a estas xornadas está aberto ata o día 15 de novembro.